jueves, 17 de mayo de 2012

A Escola Deportiva Santiago organiza o Campus Internacional de Tecnificación en Fútbol Rois-Padrón 2012

¡Queridísimos visitantes!



Este verán celebrarase o Campus Internacional de Tecnificación en Fútbol Rois – Padrón 2012. Todo un reto para a Escola Deportiva Santiago que organiza, por primeira vez en Galicia, unha actividade destas características. 

Dirixido aos xóvenes futbolistas (con idades de entre 6 a 18 anos), a metodoloxía formativa será diferente á que se ofrece nos clubs, traballando desta vez a mellora dos fundamentos técnicos e tácticos de forma específica segundo o posto do xogador. Así, porteiros, defensas, medios e dianteiros adestrarán os recursos propios da posición na que xogan habitualmente.

O Campus, que se celebrará en tres quendas diferentes entre finais de xuño e mediados de xullo, estará dirixido polos adestradores nacionais Javier Oreiro, Víctor Santos e Santiago Araujo.

Paralelamente, e gracias á colaboración co Club de Golf de Rois, os participantes que o desexen poderán iniciarse ao golf con profesores titulados. Tamén haberá tempo para relaxarse na piscina e coñecer da man de pedagogos claves para saber compaxinar o deporte cos estudios. 

A continuación tendes máis información e a folla de inscrición.





Creo que si vives en Galicia (y sobretodo cerca de la capital gallega) y te gusta el fútbol puede ser muy interesante y una buena experiencia. ¡Os invito a venir!



¡Saludos y saludas!

No hay comentarios:

Publicar un comentario